Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio



O Concello de Cotobade organiza o IV Concurso de música tradicional "Ricardo Portela" - O Gaiteiro de Viascon-. Este será un concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos/as Gaiteiros/as que o desexen dentro dun único apartado: “toque pechado” , modalidade individual.

As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os por un/unha percusionista, sempre e cando utilice percusión tradicional galega.

O Concurso celebrarase o sábado día 21 de xullo ás 18:30 horas, e a entrega de premios será o domingo 22 de xullo despois do Xantar Popular que haberá na Carballeira da Portela.

O prazo de entrega de inscrición rematará o 13 de xullo de 2007 ás 13:00 horas e haberá un único premio de 1200 €. Máis información no Concello de Cotobade (986 760 001 )

Animádevos a participar!!

Podedes atopar aquí as bases do concurso e a folla de inscrición.
BASES IV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “RICARDO PORTELA”
-O GAITEIRO DE VIASCÓN–


1.- Este será un concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos/as Gaiteiros/as que o desexen dentro dun único apartado: “toque pechado” ,modalidade individual. O Concurso celebrarase o sábado día 21 de xullo ás 18:30 horas, e a entrega de premios será o domingo 22 de xullo despois do Xantar Popular que haberá na Carballeira da Portela.

2.- As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse ó Excmo. Concello de Cotobade, Concellaría de Cultura, Educación e Deportes. O prazo de entrega de inscrición rematará o 13 de xullo de 2007 ás 13:00 horas. Cada Gaiteira/o proporcionará coa inscrición o enderezo, o número de teléfono así coma as partituras das pezas a interpretar, segundo modelo de folla de inscrición que se facilita.

3.- O número de participantes será limitado a 25, no caso de superar esta cifra terase en conta a orde de entrada e só se considerarán inscritas/os no concurso as/os 25 primeiras/os participantes por orde de inscrición.

4.- As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os por un/unha percusionista, sempre e cando utilice percusión tradicional galega.

5.- A orde de participación será mediante sorteo, que se realizará momentos antes de comezar o Concurso.

6.- As/os concursantes deberán de estar o pe de escenario, mentres actúa a/o Gaiteira/o que lle precede.

7.- As persoas que concursen farán unha 1ª interpretación Libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas Galegas, recollidas ou de autor/a non excedendo os 5 minutos de actuación, sendo penalizado cun punto de penalización por cada 10 segundos de exceso. A 2ª interpretación será dunha peza do repertorio de don Ricardo Portela, entendendo como tal aquel que estea gravado en cinta ou disco polo mestre de Viascón.

8.- Os criterios de valoración do xurado serán os seguintes:
- Afinación ata 10 puntos
- Dificultade da peza ata 10 puntos
- Interpretación ata 10 puntos
- Posta en escena ata 5 puntos
- Orixe da peza ata 1 punto
- Idade do participante ata 1 punto

As/os participantes deberán executar outras pezas de temática libre por orde de participación ata que o xurado remate a deliberación.
9.- O importe do único premio será de 1200 €, dos cales 900 será doados pola Comunidade de Montes de Viascón e os restantes 300€ pola Concellaría de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cotobade. O Concello librará a parte do seu premio mediante transferencia bancaria ao número de conta que a tal efecto facilite o gañador do premio.

10.- A composición do Tribunal determinarase tras as eleccións locais do próximo 27 de maio de 2007.
Para a válida constitución do tribunal, a efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presenza do presidente e do secretario, ou no seu caso, de quen os substitúa, e polo menos, tres dos seus membros.

11.- A inscrición a este concurso supón a aceptación das bases.

12.- A decisión do Xurado será inapelable, e será quen teña potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

Folla de Inscrición