Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Concerto didáctico da Tradescola no CEE Santa María de Lugo

Concerto didáctico da Tradescola no CEE Santa María de Lugo

Varios

cartaz cdtrad_santamaria-01 pq2Mañá 14 de xuño ás 12.30 horas terá lugar un novo concerto didáctico de música tradicional a cargo da Tradescola, concretamente para os alumn@s do CEE Santa María de Lugo, e nel farase un percorrido polos distintos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega, como gaita, tambor, bombo, pandeireta e outros instrumentos non tan coñecidos polos alumn@s.

Este concerto didáctico estará guiado por mestres da Tradescola, Miguel Anxo López, Xabier Iglesias, Roberto Rodríguez e Bruno Villamor.