O vindeiro Recuncho da Palleta estará adicado á música portuguesa
Venres, 01 Xuño 2018 16:26
O vindeiro Recuncho da Palleta estará adicado á música portuguesa, Gustavo Couto estará acompañado de Paulo Tato Marinho que nos presentará o seu disco "Gaitas De Fole Em Portugal".
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.E lembrade que nas madrugadas de luns a martes (de 01:00h a 02:00h), na Radio Galega, tedes unha cita coas "Escolmas Musicais" de Lume Na Palleira.