Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Asamblea Xeral anual da AGG

Asamblea Xeral anual da AGG

Varios

logo agg oficial carteis pqO vindeiro domingo 15 de abril a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s celebra a súa Asamblea Xeral anual.

Será ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria. Este ano celebrarase no Auditorio do Museo do Pobo Galego, sito na Rúa San Domingos de Bonaval S/N, Santiago de Compostela.

Na asamblea, entre outros puntos a tratar, farase un repaso polas actividades realizadas e tamén se falará dos proxectos de futuro nos que se está a traballar, de maneira que todos @s soci@s poidan ver de primeira man o traballo realizado pola asociación.