Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / V MEMORIAL HENRIQUE OTERO "AS OBRAS ADICADAS"

V MEMORIAL HENRIQUE OTERO "AS OBRAS ADICADAS"

Varios

v-memorial-faceA V Edición do Memorial Henrique Otero "As Obras Adicadas", organizada pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Conservatorio Superior de Música de Vigo, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Radio Galega celebrarase en Vigo o sabado 21 de abril de 2018. Concretamente terá lugar no Auditorio Martin Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. (Rúa Manuel Olivié, 23 – O Castro – Vigo) a partir das 19.30 horas.

Os grupos participantes nesta edición do Memorial son:

ABÓBRIGA

AGRUPACIÓN FOLKLÓRICA BREOGÁN DE MOAÑA

CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO

CONTRACOCHENO

LUMIEIRA

MAYEUSIS CONSERVATORIO DAS ARTES

NOITAREGA

PENAVEIRA

RAIGAMES

Henrique Otero Covelo, O Gaiteiro do Fragoso, como el mesmo quería que o lembrasen, foi un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia, en particular en Vigo e a súa comarca. Foi un dos mellores expoñentes da tradición gai­tística galega, figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano, pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Son moitos os méritos que habería que recoñecerlle a este gran gaiteiro, pero sen dúbida, o que maior pegada deixou para o futuro foi o de conseguir que foran recoñecidos, por primeira vez na his­toria, os estudos oficiais de gaita ga­lega polo MEC no ano 1977.

Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s gustarianos contar coa vosa presencia neste Memorial, esperámosvos a tod@s o vinderio día 21!!

Mais información:

http://educafolk.blogspot.com.es/2018/04/as-obras-adicadas-v-memorial-para-o.html