Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Homenaxes, Premios, Recoñecementos, .... / No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Os Carapaus

No vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Os Carapaus

Homenaxes, Premios, Recoñecementos, ....

rumboia - copiaNo vindeiro programa da Rumboia, en openradio.es falaremos do grupo Os Carapaus. Lembra escoitalo todos os sábados ás 13.00 horas en http://www.openradio.es/rumboia

Os Carapaus – Conservas de Música Tradicional

No ano 2012 publícanse as Conservas de Música Tradicional, primeiro traballo discográfico de Os Carapaus. Un grupo versátil que fai a festa no turreiro, na corredoira, na praza ou dende o escenario. Naquela primeira propostas musical de Os Carapaus participaron:  Emilio Lois,  gaiteiro da Baña,  mestre en numerosas asociacións de música e cultura tradicionais; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria;  Gustavo Couto (voz e tamboril),  mestre de baile tradicional;  Sabela  Galbán  (voz  e  acordeón),  estudante  de  frauta  traveseira  no Conservatorio de Música Superior da Coruña, e Adrián Lareo (bombo e voz).