Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXIII XANTAR GAITEIRO, O 18 DE MARZO NA FONSAGRADA

XXIII XANTAR GAITEIRO, O 18 DE MARZO NA FONSAGRADA

Varios

23xantargaiteiro peq-1A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 23ª edición celebrarase no Concello da Fonsagrada o vindeiro 18 de marzo.

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render unha merecida homenaxe a tocadores da comarca da Fonsagrada.

O programa será o seguinte:

12:30h. Visita guiada ao museo etnográfico da Fonsagrada (entrada adultos 1,5 € - menores de 12 anos de balde)

13:15h.Roteiro polos bares.

14:30h. XXIII Xantar Gaiteiro no restaurante O Piñeiral ( Carretera de A Fonsagrada a Lugo LU-530 - KM 3,9 · A Fonsagrada)

16.30h. Homenaxe a tocadores da comarca da Fonsagrada.

MENÚ : 1º- Sopa de Cocido, 2º Cocido (lacon, cachola, butelo, chorizo, garbanzos, grelos e patacas), postre, viño, e café con gotas.

PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.( *nen@s ata 12 anos: 10euros )

Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 14 de marzo.

Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Non faltes!!!!!Esperámoste!!!