Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Tradescola impartirá un novo concerto didáctico de música tradicional no CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro

A Tradescola impartirá un novo concerto didáctico de música tradicional no CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro

Varios

cartaz cdtrad_pedrafita-01 pqA Tradescola achegarase a vindeira semana a Pedrafita do Cebreiro, concretamente ao CPI Uxío Novoneira para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar o venres día 23 de febreiro ás 12:30 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.

Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Paula Fernández, Roberto Rodríguez e Bruno Villamor, amosaráselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, bailes e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.