Gala Homenaxe ao Mestre Antón Corral
Venres, 26 Xaneiro 2018 09:35
O Teatro Municipal de Tui acolle hoxe venres, 26 de xaneiro, ás 20.30h, a Gala Homenaxe ao Mestre Antón Corral. A entrada será de balde, debendo retirarse un máximo de dúas entradas por persoa dende ás 20h.
Participarán Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, Anxo Pintos, Xarabal de Vigo, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Santa Columba de Ribadelouro.
Parabéns MESTRE!!!!