Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Programa das xornadas de Baile Tradicional Galego organizadas pola AGG en Teo

Programa das xornadas de Baile Tradicional Galego organizadas pola AGG en Teo

Varios

 

cartaz xbaileteo_2017_web

Que mellor que rematar o ano bailando!! Dende a AGG animámosvos a participar nestas xornadas de baile o vindeiro día 16 de decembro en Teo!!

O vindeiro sabado 16 de decembro a AGG organiza unha nova edición das Xornadas de Baile tradicional galego para tod@s os amantes do noso baile que terán lugar na Casa Común de Oza, no concello de Teo, A Coruña. 
Estas xornadas, patrocinadas pola Deputación da Coruña e que contan coa colaboración do Concello de Teo, naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega; e nelas contaremos con obradoiros guiados por Olga Kirk, Miguel Sotelo e Xabier Iglesias.

PROGRAMA:

16.00 horas: Apertura das Xornadas e

Obradoiro "Baile solto en Bergantiños e na costa da Morte" - Olga Kirk

17.30 horas: Descanso

17.40 horas:

Obradoiro "Desmontar e Montar puntos" - Miguel Sotelo

19.10 horas: Descanso

19.20 horas:

Obradoiro "Xogar a crear (creando puntos)" - Xabier Iglesias

 20.50 horas: Remate da xornada.

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a   Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, e un teléfono de contacto.
Estas xornadas son de balde. As prazas son limitadas por orde de inscrición,  reservade a data e animádevos a participar!!!