Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O Nadal chega á Tradescola!!!

O Nadal chega á Tradescola!!!

Varios

nadal trad-web 1CHEGA O NADAL Á TRADESCOLA!!!!!!!!!!

Estamos a organizar varias actividades para a vindeira semana, que terán lugar no Salón de Actos do Centro Lug2 (Tradescola).

O vindeiro MARTES día 19 de Decembro ás 17.00 horas teremos un obradoiro de xogos e bailes para nen@s, mamás e papás, e tod@s @s que queirades participar a cargo de Xabier Iglesias e De Cristina de Castro, pasarémolo xenial xogando e bailando tod@s xunt@s!!! e a continuación un novo obradoiro da man de Montse Rivera de Pesdelán. Sabes como xogar ó Garutiño ou como ir bailando Camiño de Viseu?

Neste obradoiro, Montse Rivera explicará de forma sinxela e amena distintos bailes e xogos do repertorio galego-portugués, para que tod@s poidamos participar e o tempo pase sen darnos conta mentres gozamos, rimos e coñecemos @s nos@s nov@s compañeir@s de baile.

E ese mesmo día, a partir das 19.30 horas teremos a audición de Nadal a cargo de alumnado da Tradescola, e ao remate sairemos a cantar os reises polo centro da cidade.

Todas as actividades son de balde e abertas a tod@s! Animádevos!!