Homenaxe ao mestre gaiteiro, compositor e luthier ANTÓN VARELA CACHAZA
Xoves, 30 Novembro 2017 08:40
Ferrol vai a rendir unha sentida homenaxe a Antón Varela Cachaza.
O vindeiro día 2 de decembro, ás 12.00 horas, terá lugar esta homenaxe organizada polo Concello de Ferrol ao mestre gaiteiro, compositor e luthier ANTÓN VARELA CACHAZA (1956-2017) no parque que levará o seu nome, sito na parte traseira do IES Canido, confluencia das rúas Maiola e Pérez Parallé, en Ferrol.
Programa do acto:
· Recepción á familia do homenaxeado e aos invitados pola Corporación Municipal.
· Actuación Musical: Os Raparigos.
· Lectura semblanza.
· Descubrimento de placa conmemorativa.
· Ofrenda floral ( con interpretación musical).
· Palabras do Alcalde de Ferrol.
· Palabras dun representante da familia do homenaxeado.
· Peche musical do acto.