Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / "A Gaita no Mar"

"A Gaita no Mar"

Varios

cartaz gaitamar-2017_peq

Este domingo terán lugar Auditorio do Concello de Rianxo unha nova edición das Xornadas "A Gaita no Mar", nas que teremos a oportunidade de ver o documental "Dos Gaiteiros do Mar" que Xurxo Souto codirixe xunto a Marín Rodas, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia,... levando o son da nosa música a todas as latitudes ata onde eles chegaban.

Logo do documental conversaremos con Xurxo Souto e os protagonistas "Os Gaiteiros do Mar", aos que ademais poderemos escoitar tocando algunha das pezas que interpretaban, xa que co gallo do documental, xuntáronse de novo e crearon o grupo que leva o mesmo nome.

E como peche, que mellor que unha tocata no mar!!!

PROGRAMA

11.30 - Proxección do documental “Dos gaiteiros do mar”.
12.15 - Conversa con Xurxo Souto (codirector do documental) e Os Gaiteiros do Mar.
13.00 - Saída a tocar no mar con Vai de Roda (se o tempo acompaña, senón recorreremos ao plan B).

Esperamoste o domingo 03 de decembro, nesta nova edición da Gaita no Mar!!

 

Lembrade vir abrigados que no mar vai frío!!!!