Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / XXIX Xuntanza de Gaiteiros - XXX Aniversario de Airiños de Fene

XXIX Xuntanza de Gaiteiros - XXX Aniversario de Airiños de Fene

Varios

cartaz feneO sábado día 28 de outubro de 2017 a partir das 19.30 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXIX Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organiza tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitan a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música tradicional.

Este ano dáse unha circunstancia de que a propia entidade cumpre 30 anos, e por este motivo decidiron que este ano a XXIX Xuntanza de Gaiteiros sería para eles.

Participaran e actuarán as escolas de canto, baile, gaita... formadas por nenos e nenas a partir dos 3 anos e as diferentes seccións que conforman a entidade: cantareiras Xerfa, cantareiras Xirifeiras, grupo de baile Cambadela e a Banda de Gaitas.

Esta Xuntanza tamén será un punto de reencontro, e por este motivo estan a convidar a antigos e antigas compoñentes para que acudan, participen e actúen neste aniversario.

A Xuntanza será presentada por Almudena Marcos