Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / O Recuncho da Palleta deste domingo estará adicado a lembranza de Emilio do Pando, virtuoso da trompa galega e un grande artista coa gaita.

O Recuncho da Palleta deste domingo estará adicado a lembranza de Emilio do Pando, virtuoso da trompa galega e un grande artista coa gaita.

Varios

lume na palleiraO Recuncho da Palleta deste domingo estará adicado a lembranza de Emilio do Pando, virtuoso da trompa galega e un grande artista coa gaita.

Emilio, natural do Pando, parroquia de Cuíñas (Fonsagrada) foi gaiteiro e tocador de trompa de formación autodidacta.  Aprendeu dos vellos gaiteiros e trompeiros, aos que lembraba con moita admiración e gratitude. Formou varios grupos musicais que amenizaron centos de festas e romaxes por case todo o país, foi convidado a participar en numerosos concertos, impartiu obradoiros, foi mestre de músicos, e convertiuse nun gran impulsor da conservación da tradición que garda a comarca da Fonsagrada no referente á música e baile tradicionais e en especial foi unha persoa clave na conservación da trompa ata a actualidade.

Emilio do Pando estivo presente (xunto con otros veciños da Fonsagrada) na primeria edición da Mostra de música tradicional que organiza a AGG no Domingo das Mozas en Lugo, e foi pregoeiro da Mostra de Instrumentos da Música Tradicional da AGG en Pardiñas.

Da man de Vítor Otero lembrarán a vida e a traxectoria deste gran gaiteiro fonsagradino que nos deixou fai tres meses.

Lembrade o domingo ás 17.00 horas!!!!