A AGG na presentación da Revista do L Concurso de Gaitas do Pais de Ponteareas
Venres, 22 Setembro 2017 07:23
Jose Francisco Gil Dopazo, membro da xunta directiva da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s asistiu onte á presentación da revista conmemorativa do L Concurso de Gaitas do País que tivo lugar no auditorio municipal de Ponteareas. A AGG partipa nesta revista co artigo "Cincuenta anos e cincuenta máis". Esta revista consta con máis de 60 páxinas de artigos relacionados coa música, a gaita, a composición, a artesanía dos instrumentos e moitos máis textos que recollen a historia e a actualidade da música tradicional da gaita.