Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / V Xornadas arredor da música tradicional

V Xornadas arredor da música tradicional

AGG

v xornadas musica 2 - webO vindeiro 16 de setembro terá lugar na Casa da Gaita as V Xornadas arredor da Música tradicional organizadas pola AGG. Unha cita ineludible, non só para todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas, nesta quinta edición botaremos unha ollada cara outras formas da cultura tradicional, creando un punto de encontro no que profundar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo como fonte de sabedoría para poder coñecer, conservar e transmitir as tradicións.
A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nos diversos relatorios, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

A asistencia a estas xornadas será de balde. Por motivos de aforo, para poder asistir é imprescindible a inscrición previa ben a través de correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ben a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966.

PROGRAMA DAS V XORNADAS ARREDOR DA MÚSICA TRADICIONAL
10.00 – Apertura e entrega de documentación
10.15 – Relatorio I
            “A Galicia proxectada por NO-DO a partir do uso do folclore musical (1943-1981)”. Beatriz Busto
            11.15   Quenda de preguntas
11.25 – Relatorio II
            “Os Veiga e Os Pacheco: dous cuartetos mindonienses". Xiana Teixeiro
            12.15   Quenda de preguntas
12.25 - Descanso
12.45 – Relatorio III
            “Aproximación aos recursos e á técnica interpretativa do toque pechado de Ricardo Portela". Óscar Ibáñez
            13.35   Quenda de preguntas
13.45 – Xantar
16.30 – Relatorio IV
            “O Ciclo Festivo Na Paradanta”. Xerardo F. Santomé
            17.20   Quenda de preguntas
17.30 - Presentacións de publicacións:  “Método de tambor galego”. Andrés Vilán
17.50 – Descanso
18.00 – Relatorio V
            “ Os rexistros galegos de Alan Lomax (1952): Unha fonte para o estudo da música de tradición oral”. Lucía Comesaña
            18.50   Quenda de preguntas
19.00 - Presentacións de publicacións: “Cantigas de Taberna”. Alexandre Cadarso
19.15 – Relatorio VI
            “A formación do repertorio musical da gaita asturiana". Alfonso Fernández.
            20.05   Quenda de preguntas
20.15 – Peche