Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / I CURSO DE MÚSICA TRADICIONAL ANTARUXAS E SORTEIROS

I CURSO DE MÚSICA TRADICIONAL ANTARUXAS E SORTEIROS

Varios

cartel curso antaruxasA AC Antaruxas e Sorteiros organiza o I CURSO DE MÚSICA TADICIONAL ANTARUXAS E SORTEIROS co obxectivo de amosar, dende un punto de vista contemporáneo, o legado folclórico de A Fonsagrada.

O curso consta de tres especialidades:

Gaita: Mestre Pepe Vaamonde (Aprendizaxe de diversas pezas para gaita características da zona: muiñeiras, xotas e pasodobres particularmente orixinais e diferentes do resto da xeografía galega. Tomando como referencia as gravacións de gaiteiros vellos e singulares da bisbarra)

Baile: Mestre Lis Latas (Estudo da estrutura e construción dos puntos dos bailes soltos típicos da bisbarra de A Fonsagrada)

Zanfona: Mestres Daniel Carballo “Maka” (Aprendizaxe de cantigas de Florencio "O Cego dos Vilares" e outras pezas recollidas na bisbarra de A Fonsagrada)

O curso celebraráse os días 16 e 17 de Setembro cos seguintes horarios:

Sábado 16 Mañá: 9:30 a 13:30

Tarde: 16:30 a 20:30

Domingo 17 Mañá: 9:30 a 13:30

Máis información para inscricións premendo no título da nova

Prezos:

Non socios: 60€

Socios AC Antaruxas e Sorteiros: 40€

Inscricións:

Prazo de inscrición: do 3 de xullo ata o 31 de agosto de 2017.

Enviando un correo electrónico a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , facendo constar DNI, nome e apelidos e a especialidade na que quere participar, así como o xustificante do ingreso na seguinte conta:

ES92 2080 0118 4530 4000 6879

As prazas serán limitadas e atendidas por rigorosa orde de formalización. O curso ten un número mínimo de prazas para a súa realización, de non cubrirse este, procederase a súa anulación.

A asociación pon a disposición dos participantes que o desexen aloxamento gratuito para a noite do venres 15 e o sábado 16. Aqueles que esten interesados deben chamar un dos seguintes teléfonos para coñecer as condicións 669 890 925 ou 639 146 058

Abriran así mesmo un grupo pechado no Facebook “Fonsagrada Setembro 2017” no que tódol@s matriculados poderán solicitar entrar para estar en contacto e resolver calquera dubida.