Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Oferta de emprego AGG: Posto de mestr@ de zanfona na Tradescola curso 2017/2018

Oferta de emprego AGG: Posto de mestr@ de zanfona na Tradescola curso 2017/2018

Varios

tradescolaA AGG convoca a praza de mestre ou mestra de zanfona (acompañada de canto) na TRADESCOLA, (LUGO) para o vindeiro curso 2017/2018 ( inicio do contrato en setembro). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo á AGG, antes do día 24 de agosto a través de correo electrónico a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Unha vez valorados os currículos recibidos, unha comisión de selección realizará as entrevistas oportunas e a Xunta Directiva, oída a comisión de selección, decidirá as persoas a seleccionar.

A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 31 de agosto.