Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Asociación cultural Traspés de Vigo estrea o seu último espectáculo "Pontevedra"

A Asociación cultural Traspés de Vigo estrea o seu último espectáculo "Pontevedra"

Varios

pontevedraA Asociación cultural Traspés de Vigo estrea o seu último espectáculo "Pontevedra" o domingo 25 de xuño no teatro Afundación de Vigo.

PONTEVEDRA, O GRAN ESPECTÁCULO da música e do baile tradicional: As músicas, os bailes, os cantares, as historias de Pontevedra, engárzanse neste espectáculo a modo dos de Varietés de principios do século XX, para achegar ao público sensacións evocadoras da cultura popular desta parte sur de Galicia. Herdeiros pois daquelas fontes teatrais denominadas opereta, ópera cómica ou comedia musical, Donas e Cabaleiros, pasen e vexan, escoiten, sintan. Presentamos PONTEVEDRA.


Todo isto da man dunha Contacontos (Vero Rilo), seis voces femininas, nove voces masculinas, unha charanga tradicional (2 clarinetes, saxo, saxo tenor, 2 gaitas, acordeón, redobrante, bombo-chis e pandeireta) e oito parellas de baile mixtas.

O domingo 25 de xuño o día vai de "Pontevedra", ollo que non todo son pernas. Valo perder? Estas son as canles de compra de entradas: servizo de venta anticipada a través de internet en www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500 de luns a sábados non festivos de 8 da mañá a 10 da noite, físicamente na Central de espectáculos de Vigo e Sedes Afundación de Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña, e o propio día na taquilla do teatro A Fundación.