Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA IMPARTIRÁ DOUS NOVOS OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE GAITA E DE CANTO TRADICIONAL (MANEO)

A TRADESCOLA IMPARTIRÁ DOUS NOVOS OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE GAITA E DE CANTO TRADICIONAL (MANEO)

Varios

cartazobradoirogaita cervantes2017-01 - pqJose Manuel López (Josele) e Roberto Rodríguez serán os encargados de impartir estos obradoiros que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño en Doiras (Cervantes) e en Pacios (Begonte) respectivamente.

A Tradescola, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade, realiza dúas novas actividades formativas relacionadas coa gaita e co canto tradicional en Cervantes e Begonte, e que terán lugar os vindeiros días 17 e 18 de xuño de 2017 respectivamente . Estos obradoiros, que serán de balde para os asistentes previa inscrición, contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, e pretenden achegar a nosa música e a nosa cultura tradicional a toda a poboación interesada tanto na cidade de Lugo como no resto de comarcas da provincia.

Jose Manuel López (Josele) será o encargado de impartir este obradoiro, que conta coa colaboración da Asociación “Os Xardois”, no que se traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio. O Obradoiro terá lugar no colexio de Doiras (Cervantes) en horario de 10.30 horas a 13.00 horas.

cartazobradoiro canto2017-01 - pq

Ao día seguinte, en horario de mañá, de 10.30 a 13.00 horas, será Roberto Rodríguez o encargado de achegar ata Pacios 85 (Begonte) un obradorio de canto tradicional. Neste obradoiro que conta coa colaboración da Asoc. Cultural “Castiñeiro Milenario” traballaranse distintas técnicas e distinto repertorio de maneo.

Para inscribirse nos obradoiros ou para recibir mais información pódese contactar coa Tradescola chamando ao tlf 982229966 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo (as prazas son limitadas).

Esperámosvos!