Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Aberto o prazo de preinscición na TRADESCOLA

Aberto o prazo de preinscición na TRADESCOLA

Varios

cartaz tradescola matriculas-01 mailNa TRADESCOLA,  o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, abrimos o prazo de preinscripción para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) curso 2017/2018, que se iniciará o 18 de setembro. (O prazo de preinscrición estará aberto durante todo o mes de Xuño).

Na Tradescola impartimos as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

 

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (AGG) segue a traballar día a día na busca de xeitos de mellora para acadar os seus obxectivos finais, promocionar e transmitir a música, o canto, o baile e outras tradicións culturais galegas. Froito deste traballo, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s continúa coa ampliación no vindeiro curso do proxecto da Tradescola  coa posta en marcha do novo itinerario profesional que terá como finalidade proporcionar ao alumnado unha formación coa que garantir a cualificación dos futuros profesionais que serán quen de continuar coa transmisión e exposición do noso patrimonio. Este novo itinerario impartirase paralelamente ás aulas xa existentes, que continuarán como en anos anteriores.

 

PREINSCRICIÓNS NA TRADESCOLA

A Tradescola oferta as materias de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta e linguaxe musical, ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

Na escola poden inscribirse alumn@s a partir de 4 anos, en niveles de iniciación ou perfeccionamento.

As clases impártense en horario de tarde*, de luns a venres, e o curso iniciarase o vindeiro 18 de setembro.(algunhas materias contan tamén con horarios de mañá)

Pódese solicitar máis información nos locais da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira Nº4 - Lugo ) en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, chamando ó teléfono 982229966 ou a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo