Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / X 'Folk in Río' en Touro

X 'Folk in Río' en Touro

Varios

folkinrio17O vindeiro 18 de xuño terá lugar a X edición do 'Folk in Río' en Touro, unha xornada festiva a carón do río Ulla repleta de cantos de taberna, xogos populares, exposición de artesania, xantar campestre e, por suposto, moita música folc.

Entre outras actuacións poderase gozar cos concertos de Cantigas e Agarimos, Peter Punk, Bombos Figueiras na rúa, Os´dabaixo e Ses. Mais información e programa completo en: http://www.folkinrio.com/