Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Vilanova de Lourenzá acolle unha exposición permanente sobre o xoguete tradicional

Vilanova de Lourenzá acolle unha exposición permanente sobre o xoguete tradicional

Varios

recuncho argalladasUnha boa nova para o patrimonio lúdico galego: “O recuncho das argalladas”, unha exposición permanente sobre o xoguete tradicional, foi inaugurado en Vilanova de Lourenzá (http://www.fortalezadetovar.net/index.html), moi preto da histórica cidade de Mondoñedo, alí onde a Mariña de Lugo comeza a insinuarse deixando tras si, cara ao Sur, a mítica comarca da Terra de Miranda.
A exposición é obra de Manolo García e de Pepe López, dous dos máis prestixiosos especialistas no xoguete tradicional galego, con innumerables obras publicadas e con outros proxectos en marcha.

Trátase dunha viaxe, sen volta, pola vida cotiá de antano que comeza bailando ao ritmo das buxainas, peóns, trompos, peonelas e bailaretes para continuar afinando a puntería coas bólas, tirafondas, dardos, arcos e frechas baixo o son da música de trompas, cornos, caracolas, frautas e asubíos,... Un sen fin de xoguetes para poder mergullarse nesa natureza lúdica.