Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / Melide celebra a última fin de semana de abril a súa XIII Foliada de Melide

Melide celebra a última fin de semana de abril a súa XIII Foliada de Melide

Festivais, Foliadas, Romarías

cartel17A Asociación Cultural O Castelo de Melide organiza unha nova edición da “Foliada de Melide”. Esta trixésima terceira edición da foliada arranca a súa programación na xornada do venres 28 na Praza das Coles a partir das 22h coa actuación de Zoelas, e continuará durante toda a fin de semana con concertos, mostra de artesanía e instrumentos, o concurso de cantos de taberna, animación de rúa,... entre outras actividades que farán de Melide a capital da música tradicional de Galicia durante os tres días que dura a foliada.
O sábado será a quenda de Pelepau, un grupo vigués cunha proposta baseada en cántigas de taberna arranxadas para voces e percusión tradicional. Seguiranlles Maskarpone, que combina unha mezcla de ska e reggae xunto con pequenas trazas de rock e música tradicional. O domingo ao mediodía serán protagonistas grupos Herba Grileira e Fiadeira. E pechará a cita Davide Salvado considerada unha das voces mais carismáticas de Galicia, seguido de Blues do País  e o Sindicato da Verbena que transforman temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas.