Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / VI edición de "A voltas co baile"

VI edición de "A voltas co baile"

Varios

a voltas 2017A VI edición de "A voltas co baile" terá lugar o sábado 29 de abril (día Internacional da Danza) no Museo do Pobo Galego. Nesta ocasión, co gallo do 40 aniversario do Museo, queren celebrar o cometido que a entidade asumiu e exerce desde a súa fundación: recompilar, salvagardar e devolver á sociedade o patrimonio cultural que a súa colección alberga.  Por este motivo, o programa desta xornada estará dedicado aos 40 anos de recompilación do baile tradicional, pondo o foco de atención naquelas persoas e agrupacións que se envolveron na busca, recompilación, salvagarda e divulgación desta parte importante do noso patrimonio inmaterial.

Xunto con Carolina Hernández, Mercedes Peón e Luís Prego, tentarán afondar sobre as motivacións e dificultades nestas catro décadas de recollas, sobre o proceso de recompilación, a evolución do traballo de campo ou sobre como ese material foi e é devolto á sociedade do que parte.

A actividade é de balde e está dirixida a persoas adultas. As partes teóricas son de acceso libre, mentres que as prácticas requiren coñecementos en baile tradicional e inscrición previa en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no 981 583 620.