Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A Tradescola impartirá un novo concerto didáctico de música tradicional no CEE Santa María de Lugo

A Tradescola impartirá un novo concerto didáctico de música tradicional no CEE Santa María de Lugo

Varios

 

cartaz cdtrad cee santamaria-01A Tradescola achegarase un ano máis ao CEE Santa María de Lugo para impartir unha nova xornada de música tradicional que terá lugar o venres día 7 de abril as 12:00 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar a tod@s @s rapaces e rapazas a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico.

Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias, Branca Villares, Miguel Anxo López e Bruno Villamor, amosaráselles aos alumn@s distintos instrumentos, ritmos, bailes e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.