Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Milesios en concerto - Casa Museo Manuel María - Outeiro de Rei - Lugo

Milesios en concerto - Casa Museo Manuel María - Outeiro de Rei - Lugo

Varios

milesios pqInseríndose na programación cultural que periodicamente ten lugar na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei - Lugo), voltan a ela este vindeiro sábado 1 de abril os Concertos na intimidade: De Corazón a Corazón, proposta musical xa ensaiada exitosamente hai dous anos que, xogando coa escenografía do auditorio, busca crear un clima "íntimo" que facilita ao máximo a interacción entre os grupos e artistas e o público nun espazo tan simbólico como o da antiga palleira grande da casa natal do escritor. Nesta nova entrega contan coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo.

Será o grupo chairego de música folc Milesios quen inaugure esta nova xeira de concertos na Casa-Museo presentando os temas do seu máis recente traballo: Indoevindo. Neste disco, no que por vez primeira introducen voz a catro pezas, Milesios pon música ao poema de Manuel María Anceio, do libro Advento (publicado en 1954 en Buenos Aires, o mesmo ano que Terra Chá), sumándose á cada vez máis longa listaxe de bandas e autores que teñen musicado textos poéticos do poeta. Falamos dunha agrupación surxida en 2009 que ten actuado por algúns dos festivais de música tradicional máis importantes de Galiza e que xa partillou escenarios con nomes como Berrogüetto, Pepe Vaamonde Grupo, Kepa Junquera ou Tiruleque.

Como no seu anterior disco, Alén mar, Milesios aposta en seguir profundizando nas relacións comúns entre a música tradicional galega e a irlandesa.

O concerto terá lugar este vindeiro sábado 1 de abril, ás 20 horas, no auditorio da Casa-Museo (por tras da Casa do Concello de Outeiro de Rei). As entradas, cun prezo de 5€, pódense reservar anticipadamente a través do teléfono 698 177 621 ou do enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo