Foliada de Inverno - Obradoiro de zanfona - O Castro, Begonte- Lugo
Venres, 03 Marzo 2017 16:03
O día 11 de marzo a Asoc. Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte retoma as actividades culturais deste 2017, cunha gran festa da música tradicional. Pola tarde contarán cun obradoiro de zanfona impartido polo mestre Óscar Fernández (Os Cempés, bOnOvO), toda unha referencia da música tradicional e músico capaz de levar á zanfona a territorios pouco explorados. O obradoiro terá unha duración de catro horas e vai dirixido a persoas que non teñen coñecemento algún do instrumento e queren facer unha primeira aproximación a un instrumento realmente incrible. As prazas están limitadísimas a nove, pois esas son as zanfonas que amablemente cede o Padroado de Cultura do Concello de Narón, polo que non é necesario traer zanfona. O prezo para asociad*s de Castiñeiro Milenario é de 25€ e para non asociad*s de 35€. Para apuntarse podes chamar ao 616 705174 ou no correo electrónico da asociación ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ) e as prazas serán concedidas por rigoroso orde de inscrición.
Ao rematar o obradoiro terán uns petiscos e despois haberá foliada cos seguintes grupos: Foliadeir*s do Castro de Begonte, Treboada de Rábade, Os amigos do Caldeiro e Gaia pandereteir*s de Castro Ribeiras de Lea. Ao rematar os grupos, Foliada aberta.