Dos Gaiteiros do Mar - Documental
Mércores, 01 Marzo 2017 16:26
Manuel Sotelo, "Manoliño de Donón", sempre quixo ser gaiteiro. Aos dezaoito anos estivo a piques de cumprir o seu soño, tocar no palco do Carnaval do Hío, "o Carnaval do Gaiteiro". Pero xusto unha semana antes tivo que ir ao mar. Embarcou entón cara Namibia. Ao longo da súa vida profesional pescou, ou sexa tocou, tamén en Uruguai, Terranova ou nas Malvinas. E mesmo nunha marea do ano 74,con dous compañeiros do Morrazo, Manuel Martínez Santomé e Feliciano de Donón, chegou a gravar un "long play", en cinta casete, abordo do pesqueiro Ría de Aldán, titulado "Nos mares do Gran Sol".
Agora, xa xubilado, corenta anos despois vai cumprir o seu soño de mocidade. Co seu compañeiro de entón, Lito de Pinténs - que tamén andou ao mar, e triunfou en Terranova- vai actuar nun dos palcos do Carnaval do Hío. Grazas a eles convertido no Carnaval dos Gaiteiros do Mar!
Ficha técnica: Dirección: Xurxo Souto e Martín Rodas Guión: Xurxo Souto e Daniel Lavesedo Montaxe: Martín Rodas Produción e Realización: GZmúsica e Borneira Audiovisual
Ficha artística: Manuel Sotelo “Manoliño de Donón” Lito de Pinténs Manuel Martínez Santomé Feliciano de Donón O Peix de Aldán.
Se queres ver o documental pica no seguinte enlace: