Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Este domingo no Recuncho da Palleta, falaremos das gravacións de grupos infantís e xuvenís da música galega

Este domingo no Recuncho da Palleta, falaremos das gravacións de grupos infantís e xuvenís da música galega

Varios

lume na palleiraO vindeiro domingo no Recuncho da Palleta, Xaime Estévez acompañará a Emilio, e no programa prestarán atención a aqueles grupos da música galega nos que a gaita ten relevancia, formados por nenos que lograron facer unha edición discográfica e polo tanto deixaron a súa pegada en forma de gravación sonora para a posteridade.

Dende os anos sesenta ata o presente farán un percorrido polos escasos exemplos de gravacións feitas por cativos, poñendo gravacións deles e descubrindo a importancia de sementar este tipo de agrupacións para o futuro : agrupación Virxe da Peregrina de Pontevedra, Colexio Peleteiro de Santiago, Os gaiteiriños da Coruña, Coral Domingo Fontán de Ponteareas e tamén gravacións inéditas de xente nova como era a Banda Raigames nos anos oitenta...un repaso por este tipo de música tan importante para calquera cultura e unha chamada de atención para que sigamos promocionando este tipo de agrupacións.

 

Non te perdas o domingo as 17:00 horas Lume na Palleira