Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Quinta edición do circuíto Cultura no Camiño

Quinta edición do circuíto Cultura no Camiño

Varios

logo-vector-agadicA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto coa Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha a quinta edición do circuítoCultura no Camiño, unha programación cultural destinada aos concellos polos que discorren os diferentes Camiños de Santiago que se desenvolverá entre o 15 de abril ao 30 de setembro.
 
Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos deste programa, Agadic abre un prazo do 10 ao 26 de febreiro para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir os seus espectáculos/concertos a través da páxina web:  www. galescena.info.
 
Poderán rexistrarse espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais e con sede na Comunidade Autónoma de Galicia. Quedan excluídas desta convocatoria as asociacións culturais e restantes entidades sen fins de lucro.

Mais info:http://www.agadic.gal/Avisos/detalles/415