Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / A TRADESCOLA ORGANIZA DOUS NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DO CONCELLO DE CHANTADA

A TRADESCOLA ORGANIZA DOUS NOVOS CONCERTOS DIDÁCTICOS DE MÚSICA TRADICIONAL PARA ESCOLARES DO CONCELLO DE CHANTADA

Varios

concertos didcticos ceips chantada 2017 - peqA Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase ata o concello de Chantada para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares que terá lugar o vindeiro luns 30 de xaneiro e que achegará a música tradicional a preto de 500 escolares dos centros CEIP Xoan de Requeixo e CEIP Eloisa Rivadulla

Con estas xornadas, que contan coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar a nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos didácticos impartidos polos mestres da Tradescola.

O primeiro dos concertos didácticos comezará ás 11:00 horas, no CEIP Xoan de Requeixo e o seguinte concerto, ás 12:00 horas no CEIP Eloisa Rivadulla. Nestes concertos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola : Mª Carmen Saborido, Jose Manuel López “Josele”, Daniel Carballo “Maca” e Gerardo Quintela, amosaráselles aos alumnos a evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.