Pesar polo pasamento de Antonio Mato Rial
Martes, 24 Xaneiro 2017 17:27
Hoxe temos que dar unha triste nova, finou Antonio Mato Rial, gaiteiro de Cántigas da Terra, e fundador do cuarteto "Os Matos".
Antonio iniciosuse no mundo da gaita de neno, e dende ese intre, a música tradicional entrou na súa vida para non saír xamais converténdose nun referente para o mundo da gaita.
Dende a AGG lamentamos fondamente esta gran perda. A misa de funeral terá lugar mañá mércores as 12.00 horas no Tanatorio Servisa ( AVENIDA Pasaxe, s/n A CORUÑA) e seguidamente, ás 12.30 horas terá lugar a saida dende o tanatorio para o cemiterio Virxe do Carme do Burgo (Cambre - A Coruña).
DEP