Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desexámosvos unhas moi felices festas!!
Xoves, 22 Decembro 2016 15:11
Nestas datas tan especiais, as portas do nadal queremos enviarvos os nosos mellores desexos. Grazas a tod@s @s que depositades en nos a vosa confianza e apostades polo traballo en prol do noso folclore.
Son datas moi sinaladas cheas de maxia, nas que esperamos que as nosas músicas e bailes vos acompañen.
A tod@s @s nos@s asociad@s, amig@s, amantes da nosa cultura, esperamos seguir contando coa vosa confianza que nos axuda a crecer cada día e a afrontar novos retos.
Desde a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desexámosvos un moi Bo Nadal!!!