Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / O Nadal chega á Tradescola

O Nadal chega á Tradescola

Varios

nadal trad-01pq 3OS VINDEIROS MERCORES 21 E XOVES 22 DE DECEMBRO CHEGA O NADAL Á TRADESCOLA!!!!!!!!!!

O vindeiro MÉRCORES día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o LUNS día 9 de Xaneiro.

Estamos a organizar varias actividades para a vindeira semana, que terán lugar no Salón de Actos do Centro Lug2 (Tradescola).

O mercores día 21 ás 17.30 horas teremos un obradoiro de xogos e bailes para nen@s, mamás e papás, a cargo de Pablo Díaz e Olga Kirk, e remataremos o obradoiro con música de TIC TAC TOC!!!!!:

E o xoves 22 a partir das 19.30 horas teremos a audicións de Nadal a cargo de alumnado da Tradescola, e ao remate sairemos a cantar os reises polo centro da cidade.

Todas as actividades son de balde e abertas a tod@s!! Animádevos!!