A Consellería de Educación abre o prazo para solicitar intirinidades e substitucións en varias especialidades
Venres, 30 Setembro 2016 16:04
Aprobase a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de música e artes escénicas nas especialidades de Acordeón, Clave, Instrumentos da música tradicional e popular (Gaita), Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco, Órgano e Dirección de orquestra.
Publicación prevista no DOG do 5 de outubro
O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a sú a baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Mais información: http://www.edu.xunta.gal/