VIII Xornada de Cultura Popular Galega. Berros do Castro - De cores, ferreñas e música
Xoves, 22 Setembro 2016 07:46
A A.F.C. Berros do Castro organiza as “VIII XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA", co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a cultura popular galega.
Será o vindeiro sábado 24 de setembro na Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño.
Seguindo a estructura das anteriores edicións, as xornadas do 2016 divídense en 3 bloques culturais. O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel inclúese a exposición “Panos e mantóns no vestir da nosa tradición”, que recolle unha selección panos e mantóns antigos da colección de Alberto Golpe. O segundo dos bloques ten carácter didáctico, e incorpora un obradoiro sobre recursos interpretativos para pandeireta, impartido por Suso Vaamonde. No terceiro dos bloques inclúense as actuacións do docente do curso de pandeireta e os seus alumnos, o grupo de cantareiras “Lilaina” (Miño) e a murga “Os Campantes da Baña” (A Baña).
Horarios: Obradoiro: de 10.00 h a 18.00 h. Concertos: a partir das 20.00 h