Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as IV Xornadas arredor da Música Tradicional

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as IV Xornadas arredor da Música Tradicional

AGG

cartaz x 1O vindeiro 24 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a IV edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).

Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares , xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.

Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

Agardámoste o vindeiro día 24 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 3 (Viascón - Cotobade).

A entrada é de balde, pero por motivos de espazo e preciso que reserves a túa praza.