A AGG oferta un posto de mestre de percusión na Tradescola para o vindeiro curso 2016-2017
Mércores, 07 Setembro 2016 11:47
Dende a Tradescola, ofértase aos socios e socias da AGG a posibilidade de acceder a un posto de traballo como mestre ou mestra de percusión na TRADESCOLA, (LUGO) para este curso 2016/2017 ( inicio do contrato en Outubro). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo á AGG, antes do día 12 de setembro a través de correo electrónico a:
Unha vez valorados os currículos recibidos, unha comisión de selección realizará as entrevistas oportunas e a Xunta Directiva, oída a comisión de selección, decidirá as persoas a seleccionar.
A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 16 de setembro.