A AGG oferta un posto de mestre de zanfona na Tradescola para o vindeiro curso 2016-2017
Luns, 29 Agosto 2016 11:58
Dende a Tradescola, ofértase aos socios e socias da AGG a posibilidade de acceder a un posto de traballo como mestre ou mestra de zanfona (acompañada de canto) na TRADESCOLA, (LUGO) para este curso 2016/2017 ( inicio do contrato en Outubro). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo á AGG, antes do día 1 de setembro a través de correo electrónico a:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Unha vez valorados os currículos recibidos, unha comisión de selección realizará as entrevistas oportunas e a Xunta Directiva, oída a comisión de selección, decidirá as persoas a seleccionar.
A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 9 de setembro.