Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Romaría Santa Margarida (A Coruña)

Romaría Santa Margarida (A Coruña)

Varios

romaria santa margaritaO 27 de agosto, A Coruña vivirá unha gran festa arredor do folclore galego. Haberá programación dende as 11 ás 19h. en catro espazos:

- Praza de Vigo

- Praza de Galicia

- Praza de Lugo

- Xardíns de Méndez Núñez

Obradoiros*, actuacións de entidades da cidade (Cántigas da Terra, A. C. Donaire e A.C. Son d'aquí) faladoiros, pasarrúas ou concertos encherán de actividade eses catro espazos situados entre eles a só un par de minutos a pé. 

(*Non é preciso anotarse aos obradoiros)

Ás 20h. comezarán os concertos, onde tocarán Pesdelán, Tiruleque, Xosé Lois Romero e Aliboria e Os d'Abaixo.

O domingo 28 a Romaría contará con obradoiros, pasarrúas, actividades infantís, fogos artificiais e outras sorpresas no parque de Santa Margarita. En canto á celebración nocturna, desde as 20.00 horas haberá concertos de Xacarandaina, así como do músico de Mali Vieux Farka Touré e Treixadura.

Paralelamente, establecementos localizados entre as prazas contarán dende o luns 22 con elementos da nosa tradición para ambientar o percorrido.

+info: https://www.facebook.com/foliadasdacoruna

http://www.coruna.es/cultura