Programa e artesáns participantes na 23 edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas
Mércores, 03 Agosto 2016 09:53
Os vindeiros días 6 e 7 de agosto a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a 23 edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que contará co seguinte programa!!
Sabado día 6
17.00 horas - Apertura da mostra.
17.00 horas - Pregón: Maruxa Miguéns e Pepe Romero (Os Rosales)
20.30 horas - Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez.
Domingo día 7
11.30 horas - Apertura da mostra.
17.30 horas - Obradoiro de baile tradicional: Miguel Sotelo
18.30 horas - Concerto de Alvariza.
19.30 horas – Sorteo Gaita Galega de Buxo en DO.
Consagrada xa como a máis antiga e importante da Península Ibérica, servirá un ano mais, para amosar durante os dous días o traballo e o bo facer de algúns dos artesáns mais recoñecidos no eido dos instrumentos tradicionais.
Os artesán participantes nesta edición da mostra son:
Xaneco - Percusión e zanfonas
Oli Xiráldez - Gaitas e requintas
Pablo Carpintero - Reproducción de instrumentos antigos, percusión, gaitas e requintas
Tunhas - Percusión tradicional
Alberto Pires - Gaitas
Queima - Vento e percusión
O Chilro - Percusión e gaitas
Master Gaita - Gaita electrónica
Miguel Rivas - Percusión e vento
Obradoiro de gaitas Seivane - Construción de gaitas
Laureano - Os Alegres - Percusión e gaitas
Nebra - Gaitas e Zanfonas
Ocarinas Paparolo - Fabricación artesanal de ocarinas e asubios
Xaime Rivas - Zanfonas
Xermán Arias - Lutheria e zanfonas
Afonso Castro - Gaitas
Obradoiro de gaitas Carlos Fandiño - Gaitas
O Reberete - Vento e percusión tradicional galega
Foliqueiras - Percusión tradicional
Miguel Mosquera - Gaitas, frautas e pitos pastoriles
Iago Salgado - Instrumentos tradicionais
Diego Langarika - Percusión e corda
Rebollo instruments - Instrumentos de corda
Obradoiro Barciela - Gaitas
Cristobal Prieto - Gaitas, frautas, pitos e requintas
Julio Fernández - Instrumentos de vento
Manels percusión - Percusión
Fernando Meireles - Corda portuguesa e zanfonas
Obradoiro Balea- Gaitas
Páxina da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional