O coro Cantigas da Terra e a mestra Carmen Mejía, premios Pedrón de Ouro
Luns, 23 Maio 2016 14:12
Homenaxes, Premios, Recoñecementos, ....
Onte, domingo 22 de maio, entregáronse na Casa Museo de Rosalía, en Padrón, os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, que este ano recairon no Coro Galego Cántigas da Terra e na profesora Carmen Mejía Ruíz, respectivamente.
O Pedrón de Ouro trata de sobrancear aquela personalidade ou colectivo residente en Galicia que máis se teña destacado na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida.
Co Pedrón de Honra, a Fundación pretende distinguir a personalidade ou entidade viva, galega ou non, residente fóra da Terra que máis se destacase coas súas achegas ao engrandecemento da Nación e a súa Cultura.