Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Lume na Palleira / Xaime Estévez presenta a 1ª xuntanza Henrique Otero de xoves gaiteiros no Recuncho da Palleta

Xaime Estévez presenta a 1ª xuntanza Henrique Otero de xoves gaiteiros no Recuncho da Palleta

Lume na Palleira

lumenapalleiraNo Recuncho da Palleta desta semana, que se emitirá dentro do programa Lume na Palleria da Radio Galega o domingo 15 de maio a partir das 17:00 horas, Emilio Españadero e Xaime Estévez comentaranos cal é o propósito da xuntanza Henrique Otero de xoves gaiteiros que terá lugar o próximo venres 20 de Maio ás 19:30 horas no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Esta actividade enmárcase dentro das xornadas das letras galegas do conservatorio vigués e do III Memorial Henrique Otero, que tivo lugar o pasado sábado 23 de Abril.

Está organizado polo profesorado de gaita e o departamento de normalización lingüística do CMUS de Vigo ademais da colaboración da AGG 

Lembra, si queres saber mais desta primeira xuntanza non te perdas este domingo as 17:00 horas Lume na Palleira.