Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / II CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS MANUEL DOPAZO

II CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS MANUEL DOPAZO

Concursos e Certames

Este certame terá lugar o 13 de Maio do 2007 en Bandeira (Pontevedra), pero atención porque o prazo de inscrición remata o día 25 de Abril. Para consultar calquera dúbida, chamar ó telefono:986 58 55 50 (de 16 a 22 h.)

Podedes consultar as bases aquí BASES DE PARTICIPACIÓN

PRIMEIRA
Poderán tomar parte tódolos gaiteiros solistas que o desexen, establecéndose unha
única categoría.


SEGUNDA
Os gaiteiros que desexen participar no II CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS “MANUEL DOPAZO” deberán enviar á Asociación Cultural Vista Alegre, R/ Vista Alegre nº 16, 36570 – A BANDEIRA (Pontevedra) antes do día 25 de Abril o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN ou remitilo por fax ó número 986 58 55 50, ou correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15), tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.


TERCEIRA
As gaitas deberán ser galegas e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.


CUARTA

O estilo e carácter da peza a interpretar, serán necesariamente galegos.

A duración da interpretación non rebasará os 6 minutos (incluida a afinación).

É obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.

A orde de participación no Certame, será o mesmo que o número de inscrición.

QUINTA
Establécense tres premios, cunha dotación de:

1º. Clasificado: 750 € e Diploma
2º. Clasificado: 450 € e Diploma
3º. Clasificado: 200 € e Diploma


SEXTA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do II Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

O Xurado cualificador terá en conta a afinación, interpretación, dificultade e rigoroso respecto á orixe e recreación das pezas interpretadas.

O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.


SÉTIMA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.



O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 25 DE ABRIL DE 2007

Para consultar calquera dúbida, chamar ó telefono: 986 58 55 50 (de 16 a 22 h.)