Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Lume na Palleira / Sergio de La Ossa responsable técnico do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, no Recuncho da Palleta

Sergio de La Ossa responsable técnico do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, no Recuncho da Palleta

Lume na Palleira

lumenapalleiraNo Recuncho da Palleta desta semana, que se emitirá dentro do programa Lume na Palleria da Radio Galega o domingo 8 de maio a partir das 17:00 horas, Emilio Españadero, Vitor Otero e Sergio de La Ossa falarán sobre o proxecto APOI.

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade xurde dende o Museo do Pobo Galego e co apoio do Instituto de Estudos das Identidades para a confección dun arquivo sonoro no que se recollan e dixitalicen materiais orixinais cedidos por compiladores. Sergio de La Ossa é un dos responsables técnicos deste proxecto que ten como obxectivo devolverlle á sociedade unha parte da súa tradición inmaterial a través dos medios técnicos cos que hoxe contamos.

Máis info: http://www.apoi-mpg.org/