Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,... / O Padroado de Cultura de Narón organiza catro cursiños monográficos de cultura tradicional

O Padroado de Cultura de Narón organiza catro cursiños monográficos de cultura tradicional

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

obradoirosnaronO Padroado de Cultura do Concello de Narón convoca catro cursiños monográficos de Cultura Tradicional que se desenvolverán os días 16 e 17 de maio. 

Técnica de tamboril, baile tradicional agarrado, construcción de palletas e técnica de percusións de man.

O percusionista Miguel Anxo López impartirá técnica de tamboril, terá lugar o luns 16 de maio entre as 17.00 e as 21.00 horas e o martes día 17 de 10.00 a 14.00. O alumnado aprenderá técnicas para o tambor, o manexo de patróns rítmicos de música tradicional e tamén ideas para a construción de arranxos para grupos tradicionais.

O martes 17 de maio, entre as 11.00 e as 13.00 horas terá lugar o obradoiro de baile tradicional agarrado dirixido polo mestre de Baile tradicional Gustavo Couto. Coñecemento e execución de diferentes bailes agarrados espallados pola Comunidade galega, como as muiñeiras, os pasodobres ou as mazurcas, son algunhas das modalidades sobre as que se formará ao alumnado.

 (Para ler a nova completa clic no título)

O cursiño de construción de palletas terá lugar os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 horas e o 17 de maio, de 10.00 a 14.00. @s participantes adquirirán coñecementos sobre os materiais necesarios para construír palletas e tamén o modo de elaboralas. O mestre será Jaime Pena, con ampla experiencia nesta temática.

As clases de técnica de percusións de man se desenvolverán os días 16 de maio, de 17.00 a 21.00 e o 17 maio, de 10.00 a 13.00-14.00 horas. O programa formativo destas sesións inclúe técnicas de pandeireta, pandeiro cadrado e pandeira, e abordarase tamén a relación entre as melodías tradicionais e os modos antigos.

Os cursiños teñen as prazas limitadas. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre os días 2 e 12 de maio –ambos incluídos- e deberá formalizarse no Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30, ou ben por transferencia bancaria, enviando un correo electrónico cos datos persoais e xustificante de ingreso ao correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

O prezo de cada un dos cursos é de 25 euros para as matrículas ordinarias e 15 euros para @s alumnos das Escolas do Padroado da Cultura de Narón e da Asociación de Gaiteiros Galegos.

Mais información:
Telf.: 981 391 144