Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / XXVII Concurso de Música Tradicional

XXVII Concurso de Música Tradicional

Concursos e Certames

xacarandainaA Asociación Cultural Xacarandaina organiza a XXVII edición do Concurso de Música Tradicional que terá lugar o 29 de maio no Centro cultural Ágora de A Coruña.

No acto poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, e todos os gaiteiros solistas que o desexen.

O concurso consta de tres modalidades:
  1. Pandereteiras ou pandereteiros.
  2. Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán unicamente gaita e percusión tradicional galega.
  3. Gaiteiras ou gaiteiros Solista.

 *Neste Concurso  de Música é obrigatorio o uso do traxe tradicional e cóntase cun tempo límite especificado. De incumplir calquera destas dúas normas os grupos serán descalificados.

 (Para ler a nova completa clic no título)

Categorías

Na modalidade de pandereteira haberá 3 categorías:

  • Categoría A (ata 9 anos inclusive).
  • Categoría B (de 11 a 13 anos inclusive).
  • Categoría C (de 14 a 17 anos inclusive).
  • Categoría D (de 18 anos en adiante).

*Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

Na modalidade de cuartetos, quintetos e sextetos establécense:

  • Categoría única (sen límite de idade).

Na modalidade de gaiteiro/a solista establécese:

  • Categoría única (sen límite de idade).

O prazo de inscrición remata o 14 de maio, podes consultar as bases e obtér a folla de inscrición na seguinte ligazón.


Mais información:
981 277 315
Rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º 15004 A Coruña.  
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo