Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / O Entroido, a festa máis laica do ano.

O Entroido, a festa máis laica do ano.

AGG

lumenapalleiraEste domingo 7 de febreiro, a Asociación de Gaiteiros Galegos voltará ao programa Lume na palleira de CRTVG conducido por Emilio Españadero.

O espazo O Recuncho da Palleta contará coa presenza de Gustavo Couto, quen falará dun tema tan presente hoxe como é:

O Entroido, a festa máis laica do ano. Vivas, atranques, enfarruxadas, tisnadas, todo está permitido nestas datas festivas. Centrarémonos en diferentes tradicións e costumes que rodean esta celebración, que enche o noso país de ironía e diversión.